D.E.P. Michael Gough

0
166

Michael Gough, o respectado actor inglés a quen case todo mundo relembra coma o mordomo Alfred Pennyworth dos filmes de Batman anteriores a Chris Nolan, ven de morrer aos 94 anos de idade.

Nado en Kuala Lumpur (Maláisia), Gough fixo o seu debut no cinema en 1947 e acadou fama grazas á televisión en Inglaterra, especialmente coas súas aparicións coma vilán na série Doutor Who, primeiro coma o vilán principal en 1966, e logo coma conselleiro Señor do Tempo en 1983. Ademáis estaba casado con Anneke Wills, unha actriz que tamén participaba no reparto da série.

Antes de que entre os anos 1989 e 1997 interpretara ao mordomo de Bruce Wayne nas catro entregas de Batman de Tim Burton e Joel Schumacher, o seu rostro fíxo-se popular entre os afeccionados ao xénero fantástico grazas aos seus papeis en filmes coma The Boys from Brazil, The Serpent and the Rainbow, Sleepy Hollow e Corpse Bride, e en producións menores pero igualmente salientábeis do cinema de terror dos anos 60 coma Dracula, The Phantom of the Opera e Satan’s Slave.