Kevin Costner estará en Superman

0
177

A Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures veñen de confirmar hoxe mesmo nunha nota de prensa que Kevin Costner interpretará a Jonathan Kent, o pai que criu a Clark Kent coma un fillo de seu no novo filme de Superman que dirixirá Zack Snyder.

O mesmo Snyder salientou que “Jonathan Kent é a única figura paterna que Clark tivo nunca, o home que estivo alí para axudar a Clark a comprender o que se supuña que tiña que facer no mundo coma Superman. Kevin poderá comunicar a forza tranquila deste home rural americano que criou ao meirande superheroe de todos os tempos”.

Costner protagonizará este filme xunto aos outros membros do reparto xa confirmados, Diane Lane no papel da súa esposa Martha, e Henry Cavill coma Clark.