O séptimo fillo

626

Julianne Moore foi contratada para participar na vindeira adaptación ao cinema da novela para adolescentes The Seventh Son na Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures.

Baseada na série de libros para nenos de Joseph Delaney The Wardstone Chronicles (tamén coñecida coma The Last Apprentice), a história vai sobre un rapaz que está a se adestrar para ser un “Spook” (un loitador contra as artes escuras) durante o século XVIII. Pero os problemas comezan cando é enganado para ceibar á bruxa mais sinistra do mundo.

Moore interpretará á devandita bruxa, un persoaxe chamado Nai Malkin. Jeff Bridges xa fora contratado anteriormente para interpretar ao “Spook” John Gregory, mentres que as ofertas lanzadas para Alex Pettyfer e Jennifer Lawrence para os papeis secundários semellan xa rexeitadas.

Sergei Bodrov (Nomad, Mongol) dirixe a partir dun guión de Max Borenstein.A rodaxe escomezará o 13 de setembro en Vancouver (Canadá).