King en The Walking Dead?

0
190

O mestre do terror, Stephen King, está a negociar a súa participación para escribir o guión dun episódio da vindeira segunda tempada de The Walking Dead, a série de zombis da canle AMC.

O creador da série, Frank Darabont, xa dirixiu con anterioridade tres películas baseadas nos libros de King, pero ainda non está claro se ademais de ser o produtor, participará dalgún outro xeito durante a segunda tempada da série, na que xa dirixiu algúns episódios na primeira.

Recentemente, o director de Shaun of the Dead Edgar Wright xa rexeitou a oportunidade de dirixir algúns episódios da segunda tempada, que comezará a se emitir este outono.