Cartos para World War Z

0
182

Moitos levan agardando para que a adaptación ao cinema de World War Z, a novela supervendas de Max Brooks, se faga realidade, pero o certo é que seica todo indica que o proxecto está a piques de fracasar.

Os informes apuntan a que o filme require un orzamento de 125 millóns de dólares (88 millóns de euros), pero a Paramount abandoará o proxecto se non atopan a ninguén que queira participar no financimento e compartir os riscos.

O grupo estaba tentando negociar con David Ellison e mais cun investidor descoñecido, o que seica sinifica que tiñan a intención de facer o esforzo a prol deste filme, pero agora mesmo todo semella depender dun posíbel acordo que está moi incerto.

J. Michael Straczynski e Matthew Michael Carnahan adaptaron o guión, que vai sobre un burócrata das Nacións Unidas chamado Gerry Lane, a quen lle piden que recompile un informe completo sobre os recentes acontecementos que cambiaron a civilización após da guerra mundial contra os zombis.

Marc Forster está aínda vencellado á dirección deste proxecto, que protagonizaría e produciría Brad Pitt. De feito, Forster ten o compromiso de facer un filme PG-13 (para maiores de 13 anos) que facilitaría as cousas á Paramount á hora de dar o visto bó á película.