Tal e coma informáramos con anterioridade, a proposta secuela de Avatar de James Cameron ía explorar os océanos do planeta Pandora.
Para facer iso, Cameron tiña plans para viaxar aos abismos mais profundos da Terra, a Foxa das Marianas, e investigar sobre as extrañas formas de vida e mais a ecoloxía que habita naquel lugar. De feito, xa tiñan a médio rematar o vehículo mergullábel deseñado para chegar ao fondo.
Nombergantes, e após do recente terremoto que sacudiu as costas de Xapón o pasado 11 de marzo, toda a rexión está baixo a alerta de novos tremores e continuará nese estado os vindeiros anos, o que fai moi perigoso arriscar a integridade física de Cameron e mais do resto da súa equipa. Cameron terá que atopar outra localización para se mergullar.