A cuarta de Nárnia en marcha

0
207

Ainda que xa se anunciara hai cousa dun mes coma moi probábel, agora é a produtora Walden Media a que anúncia oficialmente que procederá a desenvolver unha cuarta entrega das Crónicas de Nárnia.

Nombergantes, e no canto de adaptar o seguinte libro da série, The Silver Chair, tal e coma todos agardaban, os realizadores prefiren pasar directamente a The Magician’s Nephew, o sexto libro que se publicou desta saga, que é autoconclusivo e esencialmente serve coma precuela para as outras histórias.

Ambientado no Londres de 1900, a história vai sobre uns rapaces, Digory Kirke e Polly Plummer, quen grazas ao uso de anéis máxicos e a unha fraga chea de estanques poderán viaxar entre distintos mundos.

Coma toda a série, que é proaganda relixiosa católica, as metáforas bíblicas nesta nova película tampouco faltarán, e así desta volta estarán especialmente vencelladas ao Xénese, cando se fale da creación de Nárnia, a presentación da Raíña Branca e a creación do posto de luz e do armário (Digory é a versión nova do persoaxe de Jim Broadbent en The Lion, The Witch & The Wardrobe).

Pola súa banda, Micheal Flaherty, da Walden, dixo que “se todos podemos poñernos de acordo en avanzar, daquela o que faríamos é atopar a alguén que escriba o guión. Así que poderán pasar un par de anos“.

O primeiro filme da série recadou 291 millóns de dólares nos Estados Unidos e 453 en todo o mundo. O segundo caiu considerábelmente, até os 141 millóns americanos e 278 millóns internacionais.

A terceira e mais recente entrega desta saga cristián sofriu un importantísimo recurte no seu orzamento, o que tamén sinificou que as críticas fosen moi negativas. Nombergantes, e dado que os católicos teñen o compromiso de ir ve-la, recadou 104 millóns de dólares nos Estados Unidos e 300 millóns no resto do mundo.