Non haberá Dune na Paramount

0
198

Após de catro anos de intentos fallidos, a Paramount Pictures ven de abandoar definitivamente os seus plans de desenvolvemento dun remake da clásica novela de ciéncia-ficción de Frank Herbert Dune.

O produtor Richard P. Rubinstein é o actual posuidor dos dereitos para o cinema sobre a novela de Frank Herbert e após de que as opcións da Paramount caducaran hai uns días, non se lle concedeu unha ampliación dos dereitos. Rubinstein dixo á prensa: “Vou mirar que opcións teño, e se teño de desfacer-me do guión que fixemos ou escomezar dende cero outra vez, ainda non estou seguro“.

Chase Palmer desenvolveu o actual guión xunto ao director de Taken Pierre Morel, un guión que Rubinstein podería levar-se con el para o seu seguinte intento, que en todo caso xa non será na Paramount.