Os símios estrean antes

0
141

A 20th Century Fox ven de lle dar algo de vida á súa axenda de estreas para 2011 grazas a Rise of the Apes, a súa proxectada precuela da franquía do Planeta dos Símios, que agora pdoeremos ver xa neste verán.

Rise of the Apes será estreada agora o vindeiro 5 de agosto, tres meses antes da data inicialmente prevista, que ía ser o 9 de decembro. De todos os xeitos hai que relembrar que a primeira data escollida fora o 24 de xuño, logo adiou-se até o 9 de decembro, e agora regresa á grella das estreas para o verán.

A idea da Fox é que Rise of the Apes sexa o derradeiro dos grandes filmes estreados en verán este ano. Os estudos deberán facer algo de sítio no calendário de todos os xeitos, e a súa comédia The Sitter deberá agora agardar unha oportunidade.