A Disney e a precuela de Peter Pan

0
243

No decurso da asemblea anual de accionistas da Walt Disney, celebrada o mércores en Salt Lake City, Bob Iger, presidente e CEO da empresa, revelou que os estudos están a considerar unha adaptación ao cinema da novela supervendas para nenos de Dave Barry e Ridley Pearson Peter and the Starcatchers.

O devandito libro é unha precuela ao clásico Peter Pan de J.M. Barrie, e así narra as aventuras dun neno orfo chamado Peter de da súa extraordinária nova amiga Molly, que deberán loitar contra bandas de piratas e ladróns na súa procura por manter seguro un fantástico segredo.

Iger dixo que “consideramos facer un filme” e que contrataran a un guionista para adaptar o libro, pero que “ainda non tomamos unha decisión“. A compañía está a facer probas do material no escenário de La Jolla Playhouse e coma unha produción para o teatro da New York Theater Workshop.