Un venezolán podería ser o malo en Superman

0
147

Agora que está confirmado que Viggo Mortensen non será o vilán na próxima película que relanzará a Superman no cinema, os novos rumores que están a xurdir ao redor desta produción seica indican quen pode estar a tentar vencer ao Home de Aceiro: o actor venezolán Edgar Ramírez podería converter-se no vindeiro xeneral Zod ou nalgún outro persoaxe da galería de superviláns de Superman, coma Brainiac, Metallo, Darkseid ou o Parásito.