Fringe, renovada!

0
188

A série de ciéncia-ficción Fringe ven de recibir o prémio da canle Fox en forma de renovación por unha cuarta tempada, con nada menos ca 22 novos capítulos, o que supón unha grande confianza por parte dunha canle que se caracteriza por cancelar sen piedade todas as séries que non van ben.

A série, creada por J.J. Abrams, Roberto Orci e Alex Kurtzman, narra as aventuras dun grupo de axentes do governo que investigan o lado sobrenatural da ciéncia. Fringe comezou a se emitir o 9 de setembro de 2008, nos martes, pero hai cousa duns meses pasou á noite dos venres, unha franxa horária na que normalmente se poñen as séries que van desaparecer en breve. Nombergantes, Fringe resistiu e pasou dos seus 3,6 millóns de espectadores aos 4,1 de média dende que se produciu o cámbio.

O xefe de entretimento da Fox Kevin Reilly falou por todos os fans cando dixo hai uns meses que “é unha série estupenda, e honradamente, se me rompería o corazón se tivera que cancela-la“.

O produtor executivo J.H. Wyman publicou no seu Twitter hai unhas poucas horas: “Fringe foi renovada!!!! Grazas fans de Fringe!