Vanderbilt en Spiderman 2

0
201

James Vanderbilt, autor do guión do vindeiro relanzamento da franquía do trepamuros, The Amazing Spider-Man na Sony Pictures, xa escomezou a traballar no libreto da secuela do devandito filme.

Vanderbilt mantivo un encontro cos realizadores e cos responsábeis dos estudos o pasado luns para falar desta nova entrega, para a que recibiu o visto bó. Así pois, xa se encontra traballando na secuela ainda que a primeira parte está ainda na metasde do rodaxe e non estará rematada até mediados de abril.

Alvin Sargent reescribiu parte do guión de Vanderbilt para a primeira parte, pero non se sabe se fará o mesmo na segunda. O mesmo Vanderbilt reescribiu e puliu o remake dos estudos de Total Recall, que comezará a súa produción a finais deste ano.

Avi Arad, Laura Ziskin e Matt Tolmach son os produtores de The Amazing Spider-Man e tamén o serían da súa potencial secuela.