Amy Adams será Lois Lane

0
174

A actriz tres veces nominada ao Oscar Amy Adams (Enchanted, Night at the Museum 2) será a xornalista Lois Lane no vindeiro relanzamento de Superman na Warner Bros. Pictures, segundo se confirmou xa de xeito oficial.

Adams, de 36 anos de idade, recibiu a nova do mesmo director Zack Snyder, quen a telefonou dende París. Snyder dixo que “houbo unha busca grande, enorme, por Lois. Para nós foi unha cousa grande e obviamente un papel realmente importante. Fixemos unha chea de audicións pero tivemos esta xuntanza con Amy Adams e após dela sentín que era perfecta para o papel“.

Snyder declinou falar sobre a importáncia do papel de Lois Lane no guión, á parte de salientar que será “un eixo” no proxecto, que incluirá a súa visión dunha Lois cun “atractivo e un espírito contemporáneos“.

Vólve-se ao que dixen sobre Superman e sobre face-lo comprensíbel para hoxe en día. O qué importante para nós é face-lo relevante e real e face-lo empático coas audiéncias de hoxe para que podamos comprender as decisións que toma. Iso tamén aplíca-se a Lois. Ela ten que estar no mesmo universo ca el en tón e substáncia“, dixo Snyder.