Apollo 18, adiada

0
183

A produtora The Weinstein Company ven de modificar o calendário dalgúns proxectos previstos para 2011 e 2012, e entre eles está a longametraxe de ciéncia-ficción da Dimension Films Apollo 18, cuxa estrea pasa do 22 de abril ao 6 de xaneiro do ano que ven.

Os estudos xa non puxeran boa face coa precipitación no reparto, a rodaxe, a edición e a estrea, todo metido nun tempo de á penas seis meses. Este adiamento pode semellar unha moi mala nova en princípio, pero alomenos dará tempo aos realizadores a facer axustes.

O filme, dirixido polo español Gonzalo López Gallego e producido por Timur Bekmambetov, trata sobre o descobremento dun vídeo que mostra unha misión á Lúa após o Apollo 17 e que explica por qué nunca volvimos. O argumento trata do encubrimento polo governo dos Estados Unidos da misión Apollo 18 despois de contactar con formas de vida extra-terrestre no noso satélite.

Os estudos tamén anunciaron o adiamento, esta vez de só dous meses, para a secuela da comédia de terror Piranha 3D, titulada Piranha 3DD, e que agora deberá agardar até o 23 de novembro para a estrea nos cinemas.