Deuses americáns ao cinema

0
189

O escritor e guionista de cómics Neil Gaiman ven de confirmar a venda dos dereitos para adaptar ao cinema da súa novela American Gods.

A quen foron vendidos é a cuestión que todo o mundo se fai. Gaiman mostrou-se evasivo e non quixo dar nomes, pero deu unha pista: “hai un director e mais un director de fotografía a ordo, con moitos Oscars e un xénio. Encánta-me o feito de que se namorase deste proxecto hai seis ou sete anos e que non abandoase e que continuase preguntando polos dereitos unha e outra vez“.

O escritor planea unha xuntanza co director para dentro de pouco. O libro, publicado en 2001, vai sobre un ex-convito nunha viaxe de costa a costa polos Estados Unidos de hoxe en día, onde atopará a todos os deuses e monstros mitolóxicos da história antiga, que inmigraron ao país americano.