Haberá un novo Batman

0
158

Tal e coma se anunciara previamente, a vindeira entrega da saga de Batman de Chris Nolan, The Dark Knight Rises, será o peche dunha triloxía, unha auténtica história de “final de Batman” que pon remate ao universo creado en Batman Begins e continuado en The Dark Knight.

Por suposto esas no son o tipo de novas que queren oir os estudos, especialmente neste caso, onde a franquía está en todo o alto e ainda ten moito que dicir. Así que o executivo da Warner Bros. Jeff Robinov dixo que os estudos queren continuar co persoaxe, e que o mesmo Nolan estará vencellado aos plans de futuro, ainda que a outro nivel.

Temos o terceiro Batman, pero despois teremos que reinventar a Batman… Chris Nolan e Emma Thomas serán os produtores, así que haberá unha conversa con eles sobre a seguinte fase“, dixo Robinov, quen engadiu que o relanzamento da franquía (ao xeito de “The Amazing Spider-Man”) é unha posibilidade, unha vez que The Dark Knight Rises sexa estreada.

O papel que xogará Nolan en todo isto non está claro. Ou será semellante ao que fai no relanzamento do Superman dirixido por Zack Snyder e se limitará a axudar no comezo, permitindo a Snyder rodar ao seu gusto, ou simplemente será coma poñer o seu nome xunto ao do director, ao xeito de Tim Burton e Joel Schumacher en Batman Forever.

De calquera xeito, é unha boa nova saber que a Warner quere ver mais Batman, e que o que moitos afeccionados reclaman, un filme autoconclusivo que narre a clásica aventura do cómic de Frank Miller The Dark Knight Returns, dirixida por David Fincher ou por Darren Aronofsky, podería ser unha realidade no futuro.

Robinov engadiu que tamén ten o compromiso de avanzar nas adaptacións ao cinema doutras propiedades da DC Comics, coma o filme da Liga da Xustiza, que é unha prioridade para 2013. Robinov confirmou que estána traballar nun guión, que no nten relación co proxecto fracasado de 2008, e que os filmes de Flash e Wonder Woman están a se desenvolver, pero que queren acopla-los dalgún xeito ao filme da Liga da Xustiza.