Beattie en Eu, Frankenstein

0
187

O guionista e realizador australián Stuart Beattie (Tomorrow, When the War Began) será o encargado de escribir o libreto e de se sentar na cadeira de director en I, Frankenstein, o thriller da Lakeshore Entertainment baseado na novela gráfica homónima da Darkstorm Studios.

A história vai sobre o monstro orixinal de Victor Frankenstein, convertido en defensor dos humáns e na única forza capaz de lle parar os pes a unhas forzas sobrenaturais que queren dominar o mundo.

O guionista da série de lobishomes Underworld, Kevin Grevioux, era até agora o encargado de escribir o argumento, mentres que o deseñador de efectos especiais reconvertido en cineasta Patrick Tatopoulos (Underworld: Rise of the Lycans) estaba vencellado á dirección. Agora agárda-se que Beattie pula o guión e tome posesión da cadeira de director.

Stuart Beattie realizou o ano pasado o filme de aventuras Tomorrow, When the War Began e ten previsto continuar coa saga en novas secuelas no futuro próximo.

Tom Rosenberg, Gary Lucchesi e Richard Wright serán os produtores e a rodaxe escomezará en outono.