O remake de Suspiria

0
186

Leva xa moitos anos atrás do proxecto, pero seica este é o momento para o realizador David Gordon Green, que está planeando un remake de Suspiria, o clásico filme de terror italián dos anos 70 de Dario Argento: “é unha ideia que xurdiu hai tres anos. Foi un proceso esclarecedor. A nosa Suspiria non segue os cánones dos clásicos dilmes de terror, así que é financeiramente un acto de fe“.

Natalie Portman fora vencellada para o papel protagonista cando xurdiron os primeiros rumores sobre o remake, pero após do seu apoteósico triunfo en Black Swan, o seu caché disprou-se demasiado para este filme.

O que xa semella atado é un dos elementos mais recoñecíbeis do filme de Argento, a súa banda sonora interpretada polo grupo Goblin, unha mistura de sintetizadores, asubíos e baterías que forman parte inseparábel da atmosfera do filme orixinal. Gordon recoñeceu que se fixo cos dereitos para usar a música, que contaría cos arranxos de Steve Jablonsky.

A rodaxe en todo caso non escomezará até finais deste ano ou comezos do vindeiro.