A nova Bela Durminte

0
207

O nome da actriz de 14 anos nominada ao Oscar Hailee Steinfeld (True Grit) é o que está a soar mais forte para se facer co papel protagonista na vindeira revisión do clásico conto d’A Bela Durminte que está a preparar a guionista Lindsay Devlin.

Ainda que o conto seguirá sendo esencialmente o mesmo, cunha princesa que agarda o bico do príncipe encantador para espertar do soño inducido polo meigallo dunha bruxa, esta versión narrará-se dende o punto de vista da princesa e pasará moito tempo no seu mundo de soños, de onde deberá atopar o camiño de saída.

O proxecto está pendente de atopar estudos que queiran desenvolve-lo. En todo caso, non debe confundir-se co filme da Disney Maleficent, que pon o foco no persoaxe da bruxa malvada, famosa grazas ao filme orixinal de debuxos animados producido en 1959.