A Disney abandoa a Kosinski

0
155

A Disney Pictures ven de abandoar o proxecto de Joseph Kosinski Horizons, a longametraxe de ciéncia-ficción anteriormente titulada Oblivion que o director de Tron: Legacy estaba a desenvolver para os estudos, que agora permitirán ao realizador vender a ideia a outra produtora que queira financia-la. As catro grandes, Warners, Fox, Universal e Paramount poderían estar interesadas e Kosinski fará presentacións para elas esta semana.