Mentres escomezan xa os primeiros esforzos pola promoción do filme Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides, a pregunta que todos se fan é se esta cuarta parte será a primeira dunha nova triloxía ou se os esforzos ficarán aí e non haberá mais aventuras do capitán Sparrow.
O produtor Jerry Bruckheimer confirmou á prensa americana que xa ten no seu poder un guión para unha quinta película, e que os plans da franquía son continuar facendo filmes autoconclusivos, coma a primeira e mais a cuarta entregas, no canto de facer películas que precisan continuacións, coma a segunda, que foi seguida dunha necesária terceira.
E respeito ás recentes probas de audiéncia que fixo para On Stranger Tides, Bruckheimer dixo que “a audiéncia nos contou o que lles gustaba sobre o filme, que era fresco, novo, unha história totalmente nova. Así que pasaremos xa á seguinte, para lle dar algo novo e diferente. Mentres que o público goste desta, sen dúbida tentaremos facer outra mais. Realmente todo depende de Johnny Depp. E a el lle encanta este persoaxe“.
O mesmo Depp xa expresara con anterioridade o seu interese en continuar facendo este persoaxe, así que non será unha sorpresa moi grande se dentro duns días temos o anúncio dunha quinta entrega dos Piratas do Caribe.