Schwarzenegger é o Governator

0
202

A semana pasada chegaran novas de que Arnold Schwarzenegger ía facer un grande anúncio sobre o seu primeiro papel no cinema após de deixar o cargo de Governador de Califórnia. Pois ben, ese anúncio chegou, pero é algo totalmente inesperado: o seu papel será o dun superheroe de debuxos animados.

Schwarzenegger e mais o gurú do cómic Stan Lee unirán as súas forzas nunha nova série de debuxos animados no que Schwarzenegger deixa o seu posto coma governador para se converter en Governator, un loitador contra o crime que executa as súas operacións no mais alto segredo, cun ambiente de alta tecnoloxía nun refúxio secreto chamado A Cova de Arnold, que estará baixo a súa casa en Brentwood.

O Governator usará unha chea de armas de alta tecnoloxía, súper-vehículos e súper-traxes para combater aos viláns, un grupo criminal chamado Os G.I.R.L.I.E. Men. Ademais contará cun axudante de 13 anos que é un xénio dos computadores. Andy Heyward producirá esta série.