Rush cos Lanternas Verdes

0
160

O actor australián Geoffrey Rush (Mistery Men, Piratas do Caribe) será a incorporación de luxo no vindeiro filme de alto orzamento da Warner Bros. Pictures, Green Lantern, pero non poderemos ver a súa face en ningures. Rush porá-lle a voz a Tomar-Re, un dos membros mais salientábeis dos Lanternas Verdes.

Nos cómics, Tomar-Re era un científico con forma de peixe antes de se unir ao grupo da policía intergaláctica dos Lanternas Verdes, onde se converte nun membro moi importante, encargado de adestrar aos novos incorporados, entre os que se incluirá a Hal Jordan (Ryan Reynolds).

O filme dirixido por Martin Campbell está xa na fase de post-produción, que será moi longa porque incluirá unha moi boa dose de efectos especiais. E engadir-lle a voz a algúns persoaxes totalmente xerados por computador é un proceso para nada estraño. De feito, a semana pasada Michael Clarke Duncan foi vencellado ao papel de Kilowog.