Bekmambetov producirá unha de zombis

0
152

O director de Wanted, Timur Bekmambetov, ven de se facer cos dereitos sobre o guión para unha película de zombis de John Scott III titulado Maggie. Maggie é unha rapaza de 16 anos que fica infectada por un zombi, pero lle levará seis meses transformar-se e vai documentando o cámbio paso a paso. O especialista en efectos visuais Henry Hobson dirixirá o filme e Bekmambetov producirá-o.