Nimoy será a voz dun Transformer

0
130

O mesmísimo señor Spock, Leonard Nimoy, será o encargado de lle poñer a voz a Centinel Prime, o predecesor de Optimus Prime, no vindeiro filme de Michael Bay Transformers: Dark of the Moon. No filme, o corpo estrelado do persoaxe aparece na Lúa e é descoberto polos astronautas do Apollo 11 en 1969. Xa na Terra, adoptará a forma dun camión de bombeiros e formará parte da grande batalla final no centro de Chicago. Nimoy xa lle puxera a voz a Galvatron na longametraxe de debuxos animados de 1986 Transformers: The Movie.