Tíduo Orixinal: Desperation
Stephen King, 1996
Ed. Plaza & Janés
612 páxs.
Se dalgúns autores non hai ano no que non apareza un novo libro ou unha nova película, no caso de Stephen King o prazo pode deminuir a só uns meses. Ó longo do ano pasado, o autor de terror máis vendido do mundo non se limitóu a escribir dúas novelas, senon que seguíu completando un par máis das que nos tén pendentes. Seica din, a súa “diarrea” (como el mesmo a tén definido, inda que usando outras palabras que o meu pudor impídeme reproducir) é tan grande que nin el é quén de se decedir polos argumentos que explotar, ni cómo desenrolalos. Neste caso, temos dúas caras da mesma moeda, un argumento e dous desenrolos: cál escribir? Non importa. Sacanse os dous, e asunto resolto. Cando se trata de Stephen King, todo está permitido.
O primeiro de ambos desenrolos (ou tal vez o segundo, qué más ten) é DESESPERACIÓN, unha novela desas na que hai un monstro que persigue ós bós por tódalas páxinas, e claro, se trata de matalo o millor posible, non vaia ser que resucite. O ameazante sería que houbese outra novela coma esta. Hai pouco lía no “Newsgroup” de Internet adicado a Dean R. Koontz que é posible que Stephen King estéa a copia-las ideas a este autor. Non sería de extrañar que caíra tan baixo, vistas as súas últimas obras.
Un grupo de turistas casuais vaise axuntando nunha vila en médio do deserto: o que se encarrega desta fea laboura é un poli duro, deses axudantes do sheriff que van nos seus coches patrullando a estrada e que te poñen unha multa só por mirarlles mal… e cómo non, psicópata. Claro que o digno axente da Lei resulta ser tan só un elo na cadea que lle une ó verdadeiro monstro, o ser terrorífico, dos que están encerrados nunha mina, e que só saen cando uns avarentos empresários explotadores de chineses se adican a arrinca-los seus secretos, de paso destruíndo as reservas ecolóxicas locais. Todo moi meditado.
O grupo de heroes de ocasión será dirixido por un neno listísimo (ouh, non! outra vez?), un neoconverso por médio do que King tenta de nos ofertar unhas patéticas explicacións teolóxicas verbo da eséncia do Ben e o Mal, e compón-se dunhas cantas persoaxes, que resultan a cada cal máis insulso, a anos luz dos estupendos protagonistas de novelas coma Pet Semetary ou Thinner. Xunto a el, está Johnny Marinville, un escritor cincuentón de quen se dí que “sería un bestseller mesmo inda que se limitara a escribi-la súa lista da compra”. Ehem. Estes serán os encarregados de acabar có demoníaco ser xurdido da mina, nunha loita que resulta ser moito máis sinxela do que semella. Talvez por iso é polo que, como xa é habitual, King incha artificialmente o libro até límites verdadeiramente grotescos, con explicacións e diálogos que chegan a seren hilarantes: os seguidores de S.K. distinguirán enseguida a autoparodia. A acción real é case nula, mentres que os contínuos flashbacks e os diálogos infantís entre os nenos resultan esgotadores. Recomendable saltarse as páxinas.
A parte realmente interesante da novela é a preséncia (ó princípio non explicada, inda que logo, cando chegan as racionalizacións, queda chafada) de Tak, o ser que posuíu ó policía local, así coma os seus efectos en certas estatuíñas, que desatan o mal e as pasións en aqueles que as tocan ou simplemente as miran de perto. Durante algúns intres, estas pequenas iniciativas de verdadeiro terror psicolóxico chegan a seren atraíntes. As ideais interesantes nunca faltan nas novelas de Stephen King, e ó millor é por iso polo que pode manterse en pe o conxunto, pro eu, que son moi ma, non podo evitar preguntarme, cada vez que pecho o libro tras rematar de lelo, se isto mesmo o pubricarían se o escribe outro.
Ah, por certo, “quiénes son los fanas?”, pregunta un persoaxe nun determinado intre. Pois iso mesmo digo eu. Seica esa palabriña só se usa nalgúns lugares de Latinoamérica, e nin siquér alí está admitida por todos. En Galiza dicimos “fans”, o mesmo cos que falan en español.