El Juego de Ender

1482

Tíduo Orixinal: Ender’s Game
Orson Scott Card, 1991
Ediciones B
509 páxs.

Unha novela que gañóu o mesmo ano os prémios Nebula e Hugo debe ser forzosamente boa, pero… éo até tal punto que mereza o título, que moitos xa lle concederon, de “millor novela de ciéncia ficción de tódolos tempos”? O certo é que a controvérsia verbo deste tema é moi grande, e a cada novo lector, O Xogo de Ender vai gañando ou un novo admirador incondicional ou un novo detractor. O mérito é alomenos o de non deixar indiferente a ninguén.

Nun futuro non demasiado afastado, o planeta Terra está superpoboado. O Governo mundial mantén fortes restriccións sobre os nacementos, e o aborto non só é legal, senón ás veces obrigatório. Só pódense librar disto os que se decraren púbricamente membros dalgunha relixión que impida o aborto, coma os católicos. O malo é que nese caso, ún perde tódalas subvencións e axudas do Governo. E nesta situación, nunha família nace un “Terceiro”, ou sexa, un terceiro fillo (só estaban permitidos dous).

O Terceiro, chamado Andrew Wiggin, pro a quen todos chaman Ender, é captado por unha misteriosa axéncia guvernamental, que decide adestralo para ir á Escola de Combate. Nestes intres é necesária dita formación, porque a Terra está a ser atacada por unha raza de extraterrestres, os “buggers” (“insectores”, na traducción española). O neno Ender irá medrando e madurando a través dunhas probas e a história vai contando o proceso e o sorprendente remate.

“O xogo de Ender” é un libro entretido, divertido ás veces, e sumamente atraínte. Semella contar coa especial característica que se adoita apoñer ós xogos de ordenador: son moi entretidos e abosorbentes, pro carecen de profundidade. Neste caso non se pode dicir que non haxa unha “mensaxe”, un contido alén da lectura e o divertimento. Existe e aí é precisamente onde a novela faise ou magnífica para uns ou odiosa para os outros. Cómo se comportarían os seres humáns se aparecese unha raza de aliens intelixentes? Alomenos, Orson Scott Card ofréceno-la súa versión, e hai que dicir que non só é crible, senón que é totalmente lóxica. Os humáns reaccionan con medo e con ódio, non poden aturar ós competidores, que semellan non tér millor cousa que facer que matarnos a todos, e hai que contraatacar.

O libro tén de case todo, non é unha obra liñal na que se ofreza unha soa visión. Pode pecar, se cadra, dalgunhas imprecisiones ou de dar por sentados feitos non demasiado evidentes (critícase que os protagonistas sexan nenos, e intelixentes de máis. O certo é que se pode admiti-la intelixéncia nun rapaz de 14 anos, pro non-o ser moi “listo”, porque isto último é algo que se gaña coa experiéncia); as descripcións das persoaxes, os comportamentos, a intencionalidade da novela, o intento de facer pensar sobre uns feitos que ó cabo non son tan lonxanos (o control do Governo, as redes informáticas, o mesmo senso da existéncia humán o e millor xeito de se comportar), son tan adecuados para o púbrico que o recibe, que non podía menos de ser merecente de tódolos elóxios que lle caian enriba.

Isto sí, podedes tér por certo que por unha vez vos será imposible sabe-lo que vai pasar na páxina seguinte, o sabe-lo que sucederá cós persoaxes. O “elemento sorpresa” xoga a favor do entretimento. E isto non-o poden dicir moitos autores máis. Xa só por iso paga a pena botarlle unha ollada ó universo do Xogo de Ender.

Total
Calificación
Artigo anteriorPosesión
Seguinte artigoTraición
el-juego-de-enderO "elemento sorpresa" xoga a favor do entretimento. E isto non-o poden dicir moitos autores máis. Xa só por iso paga a pena botarlle unha ollada ó universo do Xogo de Ender.