Traición

1670

Título Orixinal: Treason
Orson Scott Card, 1994
Ediciones B
428 páxs.

“Traizón” foi a segunda novela escrita por Orson Scott Card, aló por 1978, pro a obra que agora chega ás nosas maos non é exactamente a mesma, senón unha revisión que o mesmo autor fixo en 1991. É unha novela, polo tanto, moi distinta do resto, pro ó mesmo tempo, moi semellante.

Distinta porque o OSC de hai vinte anos era novo de máis, e a teor do que escribíu, moi influenciado pola Literatura de Fantasía Heróica, se cadra familiarizado (inda que el nin-a menciona) coa série de Darkover de Marion Z. Bradley. E semellante porque xa se albiscan os elementos básicos da súa obra de ciéncia ficción, ese tipo de SF que é unha espécie de mistura da “soap opera” e a filosofía oriental, que moitos apañan á peculiar relixión que profesa este escritor.

Nun futuro non aclarado pero seica moi lonxano, atopámonos cun planeta chamado Traizón (por certo, este era o tíduo orixinal da novela), no que habitan os seres humáns descendentes doutros que foron hai 3.000 anos confinados nese planeta por un delicto de traizón, e que debéu ser terrible, posto que inda despóis de todo ese tempo non foron perdoados, e négaselles o dereito a saír del. O planeta, por outra banda, carece de metáis, e polo tanto os seus habitantes non poden facerse unha nave coa que fuxir. Ese é o seu meirande anceio, e os diversos reinos nos que se dividíu o único megacontinente de Traizón teñen que comerciar coa Terra meiante unhas máquinas chamadas “Embaixadores”. Cada reino tén que enxeñárseas para ofrecer algún producto que os terrestres acepten, e en troques dese producto, os Embaixadores dan sempre o mesmo: ferro.

Este é o panorama do planeta Traizón, só que hai que engadirlle que os seus reinos son coma reinos medievais e que se comportan coma tales; é dicir, que a súa principal obsesión é conquistarse os uns ós outros. De sempre o reino de Mueller foi o grande dominador, xa que nel os seus habitantes teñen o extrano poder de facer mutacións dos seus corpos coma máis lles goste, ou sexa, que se perden un brazo ou perna na guerra, ó cabo dun par de días, xa terán outro membro no seu lugar. Así, é case imposible matalos no combate. O problema é que algúns deses mutantes, os chamados “rexeneradores radicáis”, non poden controla-los seus poderes, e sáenlles novos membros por tódalas partes, sen que o poidan evitar. Son coma monstros, pro o Rei Mueller aprovéitase deles, arrincándolle-los membros sobrantes e ofrecéndoos ós Embaixadores en troques de máis ferro.

E inda así, a novela só ven de escomezar. Estas só son as dez primeiras páxinas, porque todo o resto é a história de Lanik Mueller, o príncipe herdeiro de Mueller, quen un malfadado día descobre que el mesmo é un rexenerador radical… A novela contarano-la súa vida, as súas viaxes por toda a xeografía, e o descobremento de novas razas, inda mais extranas e misteriosas ca os mesmos Mueller. Todo para que ó cabo o príncipe herdeiro atope o verdadeiro segredo que agacha este planeta, contado de tal xeito que coma é habitual en Card, non poidamos nin facerno-la menor ideia do que vai acontecer na seguinte páxina. Máxima tensión e máxima adicción aseguradas.

Pro literariamente falando, Traizón está moi por debaixo doutras novelas do mesmo Card. Ten tódolos ingredentes dunha receita que sen dúbida funciona moi ben nos videoxogos, pro ó mesmiño ca eles, non resiste unha segunda lectura. A mensaxe (o descobremento final) pode ser considerada coma demagóxica e populista, e toda a novela está enchida dun ambiente aventureiro que unha vez lido non deixa ningún recordo tras del. Coma lectura ocasional, Traizón é máis ca recomendable, é entretida e moi divertida, pro se ún tenta de busca-las millores eséncias do que é a ciéncia ficción moderna, sentirase desenganado.

Total
Calificación
Artigo anteriorEl Juego de Ender
Seguinte artigoLa voz de los muertos
traicionComa lectura ocasional, Traizón é máis ca recomendable, é entretida e moi divertida, pro se ún tenta de busca-las millores eséncias do que é a ciéncia ficción moderna, sentirase desenganado.