La voz de los muertos

1558

Tíduo Orixinal: Speaker for the Dead
Orson Scott Card, 1991
Ediciones B
527 páxs.

“O xogo de Ender” tivo tanto éxito que non só fixo que Orson Scott Card se decidise a se adicar á Literatura coma modo de vida, senón que ó ano seguinte, pubricóu a segunda parte. Xa o remate da primeira metade quedara bastante aberto, no senso de que milleiros de lectores pedían saber máis sobre o protagonista. E esta segunda parte non foi fiel ó que se adoita dicir das segundas partes, que normalmente decepcionan ós lectores. “O Voceiro dos Mortos” foi un éxito se cadra inda máis enrolador ca O xogo de Ender, pois non só gañóu os Prémios Hugo e Nebula, coma o seu predecesor, senón que ademáis gañóu o Prémio Locus. Ningún autor xamáis acadara tantos prémios por dúas obras dous anos seguidos.

Se cadra hai que dicir coma introducción que Orson S. Card é un mormón, deses que van por aí cunha parelliña tentando captar incautos para a súa secta. E ista laboura exercéuna durante dous anos en Brasil, polo que OSC fala medianamente o portugués. Este coñecemento aproveitóuno para escribir encol dun planeta chamado Lusitánia, no que 3.000 anos despóis de que remataran as aventuras de Ender no primeiro libro, atópase por fin unha nova raza de seres extraterrestres e intelixentes. Son os “cerdis” (porque teñen aspecto de porquiños) ou “pequeninos”, coma lles chaman os habitantes do planeta. O Governo Mundial xa non é só mundial, senón que ocupa Cen Mundos, todos eles habitados por seres humáns, e exerce un forte control sobre esta raza, á que non se lle quere “contaminar” coas influencias humanas: algo así coma o “Princípio de Non Intervención” do que tanto se fala en Star Trek, pero levado ás súas derradeiras consecuéncias.

Os contactos entre humáns e “cerdis” son pouco afortunados, atá que aparece Ender e o soluciona todo, pro mentres tanto teremos unha excepcional visión da vida dunha colónia humana, controlada polo implacable Bispo católico, e contado con tantas referéncias á língua portuguesa que ós galegofalantes fáisenos moi doada a lectura. Iso sí, o portugués de OSC non é moi académico, e as súas “regras de pronunciación” da primeira páxina son bastante patéticas.

Aparte do óbvio, La Voz de los Muertos (“O Falante pelos Mortos”, en versión local lusitana) é unha obra excepcional, unha ficción magnífica e á que non se lle poderá xa botar en cara os supostos defectos da primeira parte: de feito, seica o mesmo OSC recolle as críticas e as utiliza contra o própio Ender, quen é considerado un proscrito ou pouco menos.

Ademáis disto, coñeceremos máis cousas verbo do universo cardiano e unha série de persoaxes se cadra menos definidos cá outra vez, pero inda así moi cribles e realistas, e a aparición doutro tipo de intelixéncia non-humana: Jane, unha espécie de ser creado pola confluéncia de billóns de datos de información nas redes de computadores. Outra teoría que paga a pena explorar.

Inda despóis de O Voceiro dos Mortos, OSC escribíu unha terceira novela, Ender el Xenocida (sí, con “X”) e unha cuarta que inda non foi publicada en España e da que vos ofreceremos máis novas e un adianto no seguinte número de NOVA Fantasía.

Total
Calificación
Artigo anteriorTraición
Seguinte artigoSuperstición diabólica
la-voz-de-los-muertosLa Voz de los Muertos ("O Falante pelos Mortos", en versión local lusitana) é unha obra excepcional, unha ficción magnífica.