El maestro cantor

1679

Tíduo Orixinal: Songmaster
Autor: Orson Scott Card
Editorial: Ediciones “B”.
Idioma: Español

O Universo futuro de Card ten un referente contínuo: sempre hai un dictador supremo do Universo. Éste pode ser unha soa persoa, ou pode ser un congreso ou algo semellante, pro a opresión do poder sempre se deixa notar dun xeito definitivo nas súas novelas. E en El maestro cantor achegámonos máis ca nunca ó mesmo centro do poder.

Ansset é un rapazolo que foi secuestrado cando era moi neno, e levado á Casa do Canto, unha espécie de mosteiro onde residen uns “monxes” moi peculiares, que buscan a sabiduría por médio do canto. A súa vida, as súas emocións, e todo o que fan é usando as cancións de cada ún. A súa vida é música e todo o que fan é unha canción. Mesmo chegan a eliminar toda clase de sentimentos, ou millor dito, de amosalos púbricamente, e calquera cousa que digan será mediante o canto. E a esta Casa chega Ansset, quen pouco a pouco se irá facendo un oco e chegando ser considerado o millor Paxaro Cantor que pasóu por alí.

Nese intre, chega á Casa un enviado do Emperador Mikal o Terrible, o tiránico señor e dono da Galáxia, o aniquilador de mundos, e solicita á Mestra Cantora que lle deixen un Paxaro Cantor, para que lle alegre as súas veladas. Ansset é designado pola Mestra para ir á casa de Mikal, e deberá pasar por unha chea de probas, xa que atá de agora a pesar de contar coa millor voz e cun grande poder nela, non foi quen de amosar sentimentos verdadeiros. O día da entrega chega e Ansset vaise vivir con Mikal.

Alí, no centro do poder da Galáxia, e a pesar de contar tan só con 11 anos, rápidamente acada se-la mao dereita do ancián Emperador, pro hai moita xente que conspira para ocupa-lo poder, e estar xusto no centro pode non ser tan bó…

El Maestro Cantor é unha novela na que hai un pouco de todo: aventuras, política, sexo, violéncia, e coma sempre, o grande poder da família de Ansset, que será a súa salvación nos piores intres, a súa constante busca dun pai ou unha nai, e de verdadeiros amigos, e o descubremento de que o grande poder da súa voz ou o mesmo poder supremo que chega ostentar non serán abondo para enche-lo valeiro que ten dentro de sí dende a súa nenez. El Maestro Cantor é unha história de emocións e na que todo o que acontece será sempre xusto ó final.

Ninguén se marcha sen o seu castigo, humán (Mikal, Riktors) ou divino (Josif), e o xeito de o contar é o de menos: eiquí segue habendo tanta ou máis “moralina” ca nas últimas e máis recentes novelas deste autor.

Total
Calificación
Artigo anteriorEnder el Xenocida
Seguinte artigoCalcinación instantánea
el-maestro-cantorEl Maestro Cantor é unha história de emocións e na que todo o que acontece será sempre xusto ó final.