Prémio Xatafi-Cyberdark 2008

0
374

CyberdarkA Asociación Cultural Xatafi ven de anunciar aos gañadores dos terceiros Prémios da Crítica de Literatura Fantástica Xatafi-Cyberdark de 2008, concedido ás millores obras de literatura fantástica, ciéncia-ficción e terror editadas o ano anterior, segundo o critério dun xurado composto por Lola Coll, Juan Manuel Santiago, Ricard Ruiz, Mariano Villarreal e Arturo Villarrubia.

No apartado de libro de ficción español, dotado con 350 euros, o gañador foi Nadie me mata, de Javier Azpeitia (Tusquets). Na sección de relato nacional, dotado con 150 euros, o prémio foi para El día señalado, de Enrique Vila-Mata (Exploradores del abismo, Anagrama).

The Road (A estrada), do escritor de Providence Cormac McCarthy foi o libro gañador no apartado de millor libro estranxeiro, mentres que os relatos En pos del Libro de Arena, de Rhys Hughes e Macs, de Terry Bisson (Cuando los osos descubrieron el fuego, Alianza editorial) foron ex-aequo os gañadores do prémio de millro relato estranxeiro.

Este ano concedeu-se asemade un prémio á millor iniciativa editorial en español, que recaiu ex aequo na Editorial Edhasa pola reedición da obra de Michael Moorcock e na editorial Valdemar polo segundo volume recopilatório de toda a narrativa fantástica de H.P. Lovecraft.