Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais, 1997
Idioma: Galego
A mediados do século XXI, Europa é un Estado unitário, no que foron abolidas tódalas línguas, agás o inglés, e no que a xente vive feliz vendo a televisión e disfroitando dos adiantos tecnolóxicos. ¿Todos? Non! Unha aldea galega resiste ó invasor, négase a entrar na era tecnolóxica e semellan vivir afastados da civilización, sen adiantos nin modernidades.
A doutora Sara Mettman, unha filla de galegos emigrados a Alemaña, onde casóu e acadóu un importante posto nun misterioso consello de especialistas que gobernan Europa na sombra, decide sorprender a todo o mundo e facer unha viaxe atá Galiza, e o que inda é pior, levando ó seu fillo, un rapaz que só sabe xogar co ordenador e ódia a natureza. Durante a viaxe, o rapazolo sofre un accidente e é secuestrado.
Un pouco esaxerado, pero este é o argumento central da novela de Agustín Fernández Paz, autor de As flores radiactivas, O tesouro do dragón Smaug ou máis recentemente, Cartas de inverno. De novo atopámonos con que un libro aparentemente de ciéncia ficción é encasillado coma literatura xuvenil e posto á venda baixo a colección “Fóra de xogo” de Xerais. E unha vez máis, con toda a razón, porque o autor escribe para xoves ou se cadra mesmo nenos, sen profundizar nin entrar en análises sobre as consecuéncias do que escribe, que se de feito poden ser moitas, todas deberán sacalas os própios lectores.
Non é de extrañar que nunha novela os persoaxes sexan tan importantes que por si mesmos troquen o destiño da humanidade, pero o que alomenos adóitase esixir ó escritor é que isto o faga cun pouco de verosimilitude ou explicando en qué consiste o perigo que axexa a Europa. Pero nada de todo isto é explicado, cadaquén que saque as súas conclusións e así non haberá problemas cos editores.
Lin nunha apresurada crítica (coma todas as que fan nese xornal) que este libro é unha obra que inda sendo ciéncia ficción, podería haber sido calquera outro xénero, dada a súa mensaxe ecoloxista e didáctica. O certo é que se isto non fose ciéncia ficción, non habería xeito algún de collelo. A David, o rapaz protagonista, salvóuno a campá. Coma ó libro.