Puertas

1365

Título Orixinal: There are doors
Autor: Gene Wolfe
Editorial: Martínez Roca, 1994
Idioma: Español

Gene Wolfe é un deses monstros da ciéncia ficción e tamén da fantasía ó que pouco ou nada se lle pode apoñer na súa contra, e coa pubricación desta novela deu un novo paso na súa xa máis ca longa carreira, esta vez no eido nebuloso que debe haber entre ámbolos dous mundos, a fantasía e a ciéncia ficción.

E nada millor que falar de dous mundos porque a novela trata precisamente diso, de cómo Green, despóis de pasar unha feliz velada con Lara, pérdea dun xeito misterioso: ela marcha decíndolle que hai portas que levan a outros sítios, e que non deben ser cruzadas. Claro que Green non lle fai moito caso, e así comeza unha extraña odisea entre dous universos paralelos: o noso, e o de Lara, onde os homes morren despóis de mantér relacións sexuais coas mulleres, e por iso son elas as que case sempre mandan.

Nese outro mundo, nebuloso por canto non sabemos se existe e verdade ou só é o produto do maxín de Green, coma lle din os seus médicos e psiquiatras, Lara non só é unha muller, senón que é unha deusa que se aparece a algunhas persoas, ó tolos.

Se cadra Wolfe escribíu este Puertas nun intre equivocado. Nos anos sesenta iríalle moito millor e se cadra tería acadado o facer dela unha novela lendária, pero agora que xa o temos visto de todo na tele, é ben difícil sorprendernos. Inda así, trátase dunha desas obras que cadaquén pode interpretar coma millor goste, xa que logo é ben difícil saber qué foi o que acontecéu realmente, a liña argumental non é doada de seguir e pérdese o fío con moita facilidade, atopándoo unhas páxinas adiante, cando xa non sabemos cómo chegamos alí.

Xusto o que desexaba Wolfe… ¿ou non? Se a resposta é sí, esta novela é moi boa. Se a resposta é que non, Puertas será unha obra para esquecer. Pero así son as cousas case sempre.

Total
Calificación
Artigo anteriorO centro do labirinto
Seguinte artigoLa memoria de la Tierra
puertasA liña argumental non é doada de seguir e pérdese o fío con moita facilidade, atopándoo unhas páxinas adiante, cando xa non sabemos cómo chegamos alí.