La llamada de la Tierra

1473

Autor: Orson Scott Card
Editorial: Ediciones “B”, 1997
Idioma: Español

No anterior episódio da saga do Regreso á Terra, ficamos coa família exilada no deserto, discutindo se deben ou non facer caso ó Alma Suprema, á que uns escoitan e outros non, inda que todos eles sexan xenéticamente capaces de oíla sen problemas. En realidade, é case coma escoitar á voz da conciéncia, pero ás veces é máis ca iso, porque o Alma suprema non semella representa-lo Ben en tódalas ocasións.

A cuestión é que agora Basílica está nunha grave dificultade, a piques de verse invadida por un exército extranxeiro, no que destaca a figura poderosa do xeneral Moozh, un bruto sen escrupos capaz de pasar por onde sexa e por enriba de quen sexa con tal de acada-lo que se propón, se-lo novo Emperador de Harmonía, vingando deste xeito o xenocídio ó que foi submetido o seu povo polo actual Emperador. Unha pequena rifa “nacionalista” e un exemplo de cómo unha aldraxe máxima e intolerable fica convertida nalgo ridículo polo sinxelo paso de millóns de anos.

Ó longo deste novo tomo da saga do “Regreso á Terra”, OSC contaráno-lo que acontecéu coa família dos Wetchik, que dende o deserto fan fronte ás dificultades, esta vez conducidos nominalmente polo pai, Volemak, pero realmente por Nafai, o millor representante do Alma Suprema entre os humáns. A família orixinal deberá buscarse parellas, todos deberán casar, e para iso terán que facer fronte a Moozh, quen non entende o que están a facer, e coma sempre, á reticéncia de todos por marchar a unha atolada “excursión” polo deserto.

Inda que segui-los diversos episódios da saga non é nada difícil, porque OSC sempre resume moito o que acontecéu nos anteriores libros, a fin de facelos doados de entender por alguén que chegue “na metade”, está claro que non se pode mante-lo mesmo nivel en todos eles, e este segundo tomo non é millor có precedente.

Total
Calificación
Artigo anteriorLa memoria de la Tierra
Seguinte artigoHistorias sobrenaturales
la-llamada-de-la-tierraÓ longo deste novo tomo da saga do "Regreso á Terra", OSC contaráno-lo que acontecéu coa família dos Wetchik, que dende o deserto fan fronte ás dificultades, esta vez conducidos nominalmente polo pai.