Autor: M.R. James
Editorial: Mirach, 1993
Idioma: Español
A non moi coñecida editorial Mirach sacóu hai uns anos unha colección de libros adicados ó Terror e ó fantástico en xeral, baixo o tíduo de “Cara Oculta”, e nada millor cá iso para defini-lo que foi o seu paso polas librerías. Neste tomo do escritor M.R. James, temos unha chea de relatos terroríficos, que non son clásicos só polo tempo que pasóu dende a súa pubricación orixinal, senón porque James é un deses escritores que ninguén que diga ser afeccionado minimamente á Literatura de Terror debería descoñecer.
Nesta escolma, composta por 11 relatos curtos, que son os que sempre escibíu James, temos un pouco de todo, e contén algún deles moi coñecido, coma o ¡Silba, y estaré junto a tí, amigo!, do que o mesmo Lovecraft dixera que é un relato notable. Nel, un asubío de metal serve para invocar extrañas abominacións, inda que o protagonista non chega sabelo do todo. Tamén atopamo-lo relato do Conde Magnus (traducido no libro coma “Magno”, coma se fose o coñac), un malvado nobre sueco con ánimos de vingarse mesmo de quen o desenterróu, ou O tesouro do Abade Tomás, un interesante conto entre o detectivesco e o terrorífico.
Ó mesmo tempo, temos outros relatos menos coñecidos, pero igualmente intresantes, El número trece, El jardín de rosas, ou La parcela de Martin. Todos eles deberían en xustiza de completarse cos publicados por Alianza Editorial (pódense atopar no segundo tomo da “Antoloxía de Contos de Terror”), para termos unha visión global ou alomenos bastante aproximada da obra dun autor moi representativo, se cadra o meirande de todos, do que foi a escola inglesa do conto de terror de finais do XIX e primeiros do XX.
Podemos doadamente maxinar a este autor inglés, que foi director da famosa escola de Eton, escribindo nunha noite de treboada xunto á fiestra, mentres que os seus alumnos tremoan baixo as almofadas cos contos nos que lles facía partecipar moitas veces, coma en Un cuento escolar neste mesmo volume, totalmente recomendable para os afeccionados que busquen algo de história, e de paso, seguir disfroitando con ese extrano senso de busca-lo terror sen que lle arrinquen a un as tripas.