Las naves de la Tierra

1487

Autor: Orson Scott Card
Editorial: Ediciones “B”, 1997
Idioma: Español

“Coma diciamos onte…”, así hai que escomezar esta terceira parte da macrosaga do “Regreso á Terra”, e na que arrincamos cunha Basílica destruida, inda que non sabemos exactamente cándo, porque de feito os nosos heróis non regresarán a ela nunca.

Nafai, o xove protagonista, xa casado con Luet, lidera a expedición polo deserto, a pesar da aberta oposición e hostilidade do seu irmán Elemak, de Mebbekew, e de vários persoaxes máis, que están desexando voltar ás súas casas e deixarse de lérias inda que a mesma Alma Suprema ande por médio. O ódio de Elemak vaise facendo cada vez máis e máis grande, e Nafai cúlpase por el, deixándonos coa clara sensación de pensar que debe ser algo parvo. Ou “boíño de máis”, que tamén lles chaman.

O que fica claro é que Nafai é agora un heroe clasicamente “orsonscottcardián” (as miñas desculpas polo neoloxismo), ou sexa, que xa está por enriba do Ben e do Mal, que é todopoderoso, excesivamente bó, ou se cadra excesivamente sábio, e que polo tanto, compórtase dun xeito desconcertante para todos, especialmente para os lectores. Falando en prata, os heroes de OSC escapan do control de OSC e viven pola súa conta, unha vez o autor lles fixo subir ó altar da santidade, ou da incontestabilidade.

Sen saber que se dirixen á antiga estación espacial de Harmonía, o grupo continúa a súa marcha polo deserto, fuxindo dos perigos, e tamén das tentacións (coma as cidades, ás que desexan voltar moitos membros da expedición). O mesmo Nafai deberá facer fronte ó meirande dos perigos, que é o seu irmán, emperrado en asasinalo, amosando ser pola súa conta un novo tipo de “malvado” ou antiheroe ó que OSC nunca nos amosara antes.

Os seus anteriores malvados sempre tiñan unha xustificación, de tal xeito que no dilema moral centro de tódalas súas novelas, ún podía se quería tomar partido polo “malo oficial”. Pero nesta saga, e nesta terceira parte en concreto, faráse xa sinxelamente imposible te-la máis mínima compaixón ou simpatía por Elemak, unha vez abandoe os seus derradeiros sentimentos de nobreza e fáganos ver que o único que lle guía é a pura maldade.

Unha terceira parte que serve coma conexión entre as dúas anteriores e as dúas restantes, porque nesta, unha vez cheguen todos á base espacial, e inda que a cousa remata inda sen escomeza-la viaxe á Terra, teremos todo disposto para iniciala. Iso sí, con tódolos conflitos inda latexantes e a piques de estoupar. Cousa que inda non farán, pero a todo chegaremos… no seguinte episódio.

Total
Calificación
Artigo anteriorHistorias sobrenaturales
Seguinte artigoLa isla del día de antes
las-naves-de-la-tierraUnha terceira parte que só serve coma conexión entre as dúas anteriores e as dúas restantes.