Ridley Scott ten Pedras

0
178

As Pedras de StonehengeRidley Scott dirixirá Stones, un thriller sobrenatural escrito por Matt Cirulnick. A produción, de grande orzamento, vai sobre a misteriosa destrución de antigos lugares relixiosos por todo o mundo. Finalmente, a xente decáta-se de que Stonehenge é o vencello que une a todos os artefactos que ainda teñen poderes primixénios.

A ideia para o filme chegou cando Cirulnick estaba a escribir outro guión, Elysium, que é un drama baseado na antiga mitoloxía grega. O guionista concentrou-se na ideia de que Stonehenge, as grandes pirámides e outros moimentos da antigüidade foron construidos cun propósito unificado.

Este filme, de todos os xeitos, terá que ficar na neveira até que remate a folga dos guionistas de Hollywood convocada pola Asociación de Guionistas dos Estados Unidos (Writers Guild of America). Mentres tanto, Scott está disposto para dirixir a Leonardo DiCaprio e Russell Crowe en Body of Lies. Ademáis, ten na axenda outro filme para Crowe, Nottingham, sobre un triángulo amoroso entre Robin Hood, Lady Marian e mais o Sheriff de Nottingham.