Las islas del Paraíso

1370

Autor: Ángel Torres Quesada
Editorial: Ultramar, 1989
Idioma: Español

Este é o segundo tomo da triloxía “Las Islas del Infierno”, pero non por iso e para grande sorpresa do lector (e decepción do editor, sen dúbida) é difícil ou imposible seguir con total naturalidade o argumento. Angel Torres escribíu de tal xeito, e con tan boa fortuna, que o seu esquema xeral da obra só pode calificarse como moi bó.

No anterior tomo, non lido, aparecen sobre a Terra unha serie de anacos doutro planeta, que “substitúen” ós trozos arrincados da nosa superfície. Estes anacos deixan ver que o planeta do que proceden debe ser un inferno, e neles hai algúns habitantes non moi amigables. Agora atopamos a beira contrária: no planeta ó que foron parar os anacos da Terra a situación é ó revés. Os poucos anacos da Terra que hai non son “illas do inferno” senón “illas do paradiso”. E o aventureiro ex-membro dos GAL (!!) Raymond Kanable será o encarregado de facerse o heroe entre os malévolos seres interplanetários, xa que alí, naquel mundo, Elajah, descubren que non son só anacos da Terra, senón de moitos outros planetas, os que están a seren roubados dos seus mundos orixinais. Inda non chegan descubrir quen son os ladróns intercósmicos, iso fica para a terceira parte.

E mentres se vai orgaizando o exército de humáns, e Kanable e mailo seu amigo Jorge van demostrando que os verdadeiros heroes da raza humán son os españois (­ándele!), dálles tempo a se namorar da bela extra-terrestre de pel laranxa Esshei e loitar por ela coma dous galiños de pelexa. O argumento, que comeza cunha medio aceptable interpretación da política mundial (na que España “vai ben”) vai esbarando pouco a pouco pola costa abaixo da space-opera máis tradicional, atá atoparnos rodeados de toda clase de bechos e monstros e sen saber que facer.

Angel Quesada escribíu en 1989, cando inda estaba de moda dicir que os GAL eran moi bós, pero non foi por iso polo que lle pubricaron a súa triloxía, senón por ser unha obra moi ben estructurada e con grandes doses de orixinalidade. Agora, cando xa sabemos que non hai diferéncias entre GALes e ilegales, a novela segue a estar igual de ben escrita, pero a orixinalidade esvaéuse coma xeo no vrao e esta segunda parte, coma fidel reflectora de toda a triloxía, é a mostra de que o xénero da space opera non encaixa moi ben cos herois “nacionais”.

Total
Calificación
Artigo anteriorConta saldada
Seguinte artigoRetorno a la Tierra
las-islas-del-paraisoO argumento, que comeza cunha medio aceptable interpretación da política mundial (na que España "vai ben") vai esbarando pouco a pouco pola costa abaixo da space-opera máis tradicional.