Autor: Orson Scott Card
Editorial: Ediciones “B”, 1997
Idioma: Español
Cuarto e penúltimo tomo da serie de “Retorno á Terra” de OSC, desta vez comezamos na mesma Terra, pero unha Terra á que inda non chegaron de novo os seres humáns. No noso planeta, durante os últimos 40 millóns de anos, medraron dúas novas razas de seres intelixentes: uns, os descendentes dos morcegos, son voadores e fráxiles, e outros, descendentes das ratas ou se cadra dos toupos, son duros, fortes e viven baixo terra, atacando ós morcegos e alimentándose deles. Pero ó cabo, as dúas razas están interconectadas entre si de tal xeito que a unha non pode vivir sen a outra e viceversa.
A este panorama chega, anunciado polos prévios soños dos profetas, a nave na que viaxan Nafai e o seu povo. Se lembrades o anterior tomo, saberedes que a bordo houbo grandes divisións, que se manteñen e profundizan nesta nova entrega. Elemak, o irmao de Nafai, é agora o líder da sección rebelde, e a súa xenreira contra Nafai chega a tal punto que xa deixa de tér xustificación e toda espranza dun acordo fica esquecida. Neste ambiente enrarecido a expedición humán deberá enfrontarse ó reto de comprender e entenderse cos actuais terrestres, e cada ún dos dous irmaos vai facelo ó seu xeito. A división final, nombergantes, non chegará atá que o pai morra e o seu vello soño de unidade se perda para sempre.
Non hai moito novo que relatar en canto ó xa referido nas anteriores entregas da série, agás a extraña relación dos humáns cunha raza nova, e o anceio de os escravizaren e dominaren que xurde como algo natural entre a xente que, como Elemank, consideranse superiores á nova raza. Polo demáis, a moralina é abundante e a série semella ir esgotando a súa forza orixinal, cando a orixinalidade consistía precisamente no descoñecemento mutuo entre a “Alma Suprema” e os seres humáns de Basílica. Agora, coa substitución dese macroordenador por un novo e inda máis misterioso ser, pérdese non só a orixinalidade, senón mesmamente o interese.
De novo hai que se referir a que este libro vai adicado a todos aqueles que poideron chegar atá o capítulo 4º, porque o resto, moi ó contrario doutras sagas de OSC (coma a de Ender), non poderá seguir con facilidade ós persoaxes orixinais, a pesar das numerosísimas referencias a feitos atrasados.