Autor: Peter Straub
Editorial: Planeta, 1997
Idioma: Español
A última novela de Straub deixa “aparcado” o xénero fantástico, pero non así o terror.
Esta é a definición do mesmo autor, e a verdade é que após de tanto agardar por este libro, ficamos moi decepcionados, porque en comparación coas súas anteriores obras Círculo diabólico (The Hell’s Club) queda moi por detrás, se cadra precisamente por engadir tantos elementos cercanos ó fantástico, pero logo non querer desenvolvelos e deixar todo nas maos de explicacións racionais.
Unha novela cun asasino en série do máis tópico e que seica hoxendía tódolos autores queren facer para demostrar quen sabe o que.
Agardamos que o seguinte de Straub volva por onde el realmente sabe moverse.