Autor: Joy Fielding
Editorial: Plaza & Janés, 1997
Idioma: Español
Unha excelente novela desas que semellan preparadas para facer unha película delas. Só que nesta ocasión a película sería un telefilme dos da tarde, onde ós protagonistas lles acontecen cousas horribles e ó cabo sempre saen ben parados, alomenos moralmente.
Unha muller cuia irmá de súpeto un dia mira unha foto dun asasino en série no xornal e fica namorada del, mentres a sua filla adolescente cada día está máis respondona, a sua nai cae enferma do Alhzeimer e un antigo noivo aparece na sua vida pretendendo namorala.
O curioso é que toda esta trama digna dun serial televisivo está moi ben desenvolvida e rapidamente obriga ó lector a non quitarlle os ollos de enriba ó libro, destacando a perfecta creación dos persoaxes e o ambiente de terror contido en cada páxina, “agardando a que pase algo”.