Autor: Isaac Asimov
Editorial: Ediciones B, 1994
Idioma: Español
Colección de relatos, todos moi antigos e polo tanto moi reveladores, inda que tamén moi distintos, do suposto “xénio da ciéncia ficción”, que coma é habitual, só deleitará aos seus seguidores, por sorte cada vez máis escasos.
Caducos, desfasados, obsoletos e moitas outras cousas é o que poderiamos dicir encol desta serie de contos, que fican totalmente fóra de tempo e se nos anos 50 poideron ter algunha vixéncia, hoxendía só son unha mostra de que a intelixéncia dun científico non ten por que ir unida necesáriamente á súa facilidade de palabra.
Por sorte, Asimov non foi un profeta, porque o mesmo Rappel podería defini-lo futuro con moita maior precisión, e atá mesmo con meirande senso científico.