Nivel 5

2103

Autor: Lincoln Child e Richard Preston
Editorial: Plaza & Janés, 1997
Idioma: Español

Nivel 5 (Mount Dragon en versión orixinal) é unha novela oportunista, escrita en colaboración por dous escritores especialistas cadanseu nun eido distinto: o thriller e mailo mistério. O primeiro é o que sae gañando, porque seica o outro, Child, non se esforzou demasiado por obtér un producto nidiamente aceptable.

O argumento xira ó redor dun investigador xenético que traballaba nun laboratório mediocre atá que un bó día aparece na sua pantalla o señor Scopes (claramente unha paródia de Bill Gates) e lle ofrece o contrato da sua vida, para irse ós laboratórios secretos da compañía, situados en Monte Dragón (no deserto de New Mexico).

Alí, coma é lóxico, terá que loitar contra a sua conciéncia polo mal que lle obrigan a facer (cura-la gripe pero modificando o xenoma humán) e contra o “malo” da novela, o paranóico xefe de seguridade da base. O resultado é francamente moi malo e unha novela que se ben é moi interesante ó comezo, perde moitísimos enteiros a medida que van pasando as páxinas.

Total
Calificación
Artigo anteriorEl dedo del mono y otros cuentos
Seguinte artigoLa voz del diablo
nivel-5O resultado é francamente moi malo e unha novela que se ben é moi interesante ó comezo, perde moitísimos enteiros a medida que van pasando as páxinas.