La voz del diablo

1496

Título Orixinal: Lasher
Anne Rice
Ediciones “B”, 1994
Trad. por Camila Batlles

Inda que é un pouco antigo, nunca está de máis facer unha incursión polas novelas de Anne Rice, sabedores de que alomenos sempre se atopará un pouco de orixinalidade, xa que non outra cousa. E en La Voz del Diablo (non confundir con ningún xornal, por favor) hai unha desas histórias que son en realidade partes dunha macrosaga que resulta difícil de seguir, de comezar, ou de rematar, o que sexa neste caso, que lamento descoñecer completamente. A saga é a das “Meigas de Mayfair” e o argumento xeral gira ó redor dunha família, os Mayfair, na que unha das suas devanceiras escocesas invocou un día a un demo, quen atormentou e perseguiu a tódolos seus descendentes dende entón.

Nobergantes, a cuestión é, quen é ese demo? é realmente un demo? E quen é o malo desta novela? Os “exorcistas” ou o demo? Unhas preguntas difíciles de respostar, xa que a própia autora non-o aclara demasiado, xogando sempre con esa ambigedade própia de quen está atormentado por un diaño pero non ten reparo en se aproveitar do que este lle ofrece en troques. En efecto, os Mayfair prosperaron enormemente, son inmensamente millonários, guapos e intelixentes, e como non, levan unha vida na que non faltan os incestos, asasinatos, e aberracións similares.

En La Voz del Diablo iremos coñeciendo a história da família, contada unhas veces dende o punto de vista dos que tratan de se desfacer da presenza do diaño (Lasher de nome, por máis sinais) e outras veces dende o própio demo, que seica ten unha importante misión que cumprir neste mundo, xa que non sabemos ben se é que el mesmo non se considera un demo, ou é que realmente non-o é, pero no teremos máis remédio que nos sentir solidários con el nalguncoutra ocasión.

E coma en toda boa saga, non faltan as preguntas sen resposta e as histórias que fican un pouco pola metade, en espera talvez dun segundo tomo, no que saibamo-lo que realmente sucedeu con Lasher, coa pequena pero promiscua Mona e co seu elegante pero non moi lóxico tío Michael, así coma coñecer máis en profundidade a organización e verdadeiros obxectivos de Talamasco, esa extraña institución filantrópica.

En resumidas contas, que coma acontece en tódalas novelas de Anne Rice, non imos saber quen son os bos e quen son os malos de verdade, pero neste caso, se cadra con máis motivos, porque xa se sabe que cando anda o demo polo médio, todo o acaba enredando…

Total
Calificación
Artigo anteriorNivel 5
Seguinte artigoLa Ciudad Oculta
la-voz-del-diabloNon imos saber quen son os bos e quen son os malos de verdade, pero neste caso, se cadra con máis motivos, porque xa se sabe que cando anda o demo polo médio, todo o acaba enredando...