H.P. Lovecraft
Editorial Necropress, 1991
Idioma: Inglés
Publicado orixinalmente no ano 1938 (inda que seica tamén hai unha extraña lenda ó redor da data na que apareceu), este libriño de reducidísimo tamaño, á penas 10 páxinas, é parte dunha homenaxe que a editorial Necropress, especializada nestes temas lovecraftiáns, fixo en 1980 e que tan só agora chega ás nosas máns, cando a súa adquisición é doada por médio da Internet.
O relato é a história do Necronomicon, o máis famoso entre os libros malditos lovecraftiáns, cunhas verbas finais a cargo de S. T. Joshi, ún dos poucos biógrafos do mestre de Providence que se pode considerar coma rigoroso e acertado nas súas interpretacións (de feito resulta moi interesante lér atentamente o que dí acerca do infame Sprague de Camp).
Así pois, e para os escasos lectores que inda non-o saiban, Lovecraft explica o nacemento do afamado libro, dende as súas orixes polo árabe tolo Abdul Alhazred, ata os nosos días, cando un tal R. U. Pickman puido facerse cun exemplar. Interesante polo seu baixo prezo e axeitado para os que inda seguen xogando ó rol sen cair no asasinato.