Ritos Iguales

1610

Tít. Orixinal: Equal Rites
Terry Pratchett
Ed. Plaza & Janés, 1997
Trad. por Cristina Macía.

Aproveitando a saída ó mercado de tres tomos de peto da saga do Mundo Disco de Terry Pratchett, imos relembrar un pouco as aventuras destes persoaxes de ficción fantástica ó méis vello e entrañable estilo quixotesco.

No tocantes ó mesmo título, “Ritos Iguais” é a tradución correcta pero que destrúe a grácia do orixinal, no que é un xogo de palabras entre “Equal Rights” (dereitos iguais, clásica frase das loitadoras femininas polos dereitos civís) e “Equal Rites” (Ritos Iguais). Xa isto debería comezar dándonos unha boa pista sobre o resto do libro, no que imos atopar sobre todo moi bó humor e paródias de distintos xéneros nun ambiente xeral de fantasía, cos seus dragóns, bruxas e meigos diversos.

A história comeza anos despóis da desaparición dos protagonistas dos libros anteriores de Pratchett (o entrañable Rincewind e o turista Dúasflores), cando un meigo moribundo entrega o seu bastón, coma é o ritual, ó oitavo fillo dun oitavo fillo, para lle traspasa-los seus poderes. O malo é que nesta ocasión o meigo engánase e non lle dá o baston a un oitavo fillo, senón a unha filla. E as mulleres, coma todo o mundo sabe, non poden ser meigos, senón bruxas.

Froito desta divertida confusión inicial, a pequena Eskarina, axudada pola vella bruxa Yaya Ceravella, loitará nun mundo de homes por se facer un óco, ser admitida na Universidade Invisible, e acadar un posto coma meiga, que é o que lle corresponde, e non coma simple bruxa, que é o que lle queren deixar. Nembergantes, será a unión dos dous rituais, o da bruxería, máis terreo, e o dos meigos, máis espritual, o que lle dea a verdadeira forza para se rematar impoñendo a tódolos seus inimigos.

Como é habitual nel, Pratchett ofreceunos un relato enchido de acción, divertido e moi refrescante, pero que tan só poden chegar comprender na súa totalidade os verdadeiros afeccionados ó xénero da fantasía heroica, a quen van dirixidas todas estas paródias. Por iso é polo que Pratchett é tan famoso no mundo enteiro, onde case todos leron ou coñecen ben a fantasía, e non ten nin ún só admirador entre o mundo hispano, onde a fantasía é denigrada e considerada cousa de nenos.

Total
Calificación
Artigo anteriorRegreso a la casa Usher
Seguinte artigoCara á fin da luz
ritos-igualesPratchett ofreceunos un relato enchido de acción, divertido e moi refrescante, pero que tan só poden chegar comprender na súa totalidade os verdadeiros afeccionados ó xénero da fantasía heroica, a quen van dirixidas todas estas paródias.