Tít. Original: Eaters of the Dead
Michael Crichton
Plaza & Janés, 1991
Trad. por Lucrecia Moreno e Mª José Sobejano
En 1976, e antes de se converter no autor de inmensa sona que é hoxe, Michael Crichton fixo algúns experimentos literários, que por suposto están entre o máis granado da súa obra persoal, e ún deles é o relato que temos entre mans.
Concebido coma un libro baseado nun deses libros míticos que non existen, coma os lovecraftiáns, é a suposta traducción dun manuscrito escrito por un árabe que foi visitar coma embaixador do califa de Bagdad ós terribles viquingos, e narra as histórias que lle aconteceron, o que atopou entre eles, a vida dos viquingos, e especialmente unha referéncia a certo povo de misteriosos devoradores de cadavres que tiñan aterrados ós mesmísimos viquingos.
Moi ben escrita e con mumerosos dados que nos fan dubidar unha e outra vez se o que está aí no libro non será todo verdade, Crichton desenvólvese aparentemente coma peixe no auga no terreo dos documentalistas e historiadores, atopando e inventando referéncias a outros libros e acontecementos históricos a fin de face-lo máis crible posible a súa própia narración.
Crichton foi moi ben descrito recentemente polo filósofo Fernando Savater coma “o Emilio Salgari do século XX”. Ou sexa, ese escritor prolífico e moi popular que os críticos do seu tempo detestan (a envexa fai miragres) e o público adora, e que non será atá dentro doutros cen anos cando nos decatemos do grande escritor que tivemos entre nós. Por sorte, algúns xa se decataron, e Crichton non terá que rematar de tan mal xeito coma Salgari.