Club Dumas

1675

Javier Pérez Reverte
Ed. especial para Círculo de Lectores, 1996
Idioma: Castelán

Xusto cando ven de ser nominado coma finalista nos World Fantasy Award, e prepárase unha película sobre ela, é un bó intre para lle dar un repaso a unha das poucas obras deste prolífico autor murciano que se poden considerasr propiamente fantásticas, inda que só sexa por mor da aparición dun persoaxe diabólico, tan peculiar coma misterioso, e do que non atoparemos unha completa seguridade sobre a súa natureza atá o final.

De novo estamos perante ún deses libros que tratan sobre libros, e sobre libros prohibidos. Os fans de Lovecraft terán moito traballo para ir atopando referéncias ós libros (dos que dimos unha lista completa no número 4 de NOVA), e os demáis, pois coma é lóxico, encontrarán tedioso e moi alonxado da súa habitual liña esta novela revertiana, que precisamente por iso tivo tan mala acollida en España e tan boa alén das fronteiras do Estado. Mentres que “aquí” é un pecado escribir fantástico, fóra é normal e non ten ren de extraño.

Neste caso seguiremo-los pasos dun detective privado, contratado por un misterioso persoaxe para que lle recupere tres libros iguais pero distintos, tres tomos dun libro demoníaco que seica agocha un segredo que ben paga a pena facer non só unha investigación, senón que tras dela vaian amontoándose asasinatos, roubos e incéndios delatores de que o noso protagonista non é o único interesado nas “Nove Portas” e nos nove gravados que contén. O “Clube Dumas” e unha peculiar muller demo farán todo o posible por aproveitarse das averiguacións do detective.

Escrita con axilidade e boa pruma, contendo numerosísimas referéncias bibliográficas e históricas, non só ós “libros prohibidos”, senón especialmente ás obras de Alexandre Dumas (inda que na novela chámalle “Alejandro”, coma se o pobriño fose de Cuenca), El Club Dumas é unha novela desas que deixan un moi bó sabor de boca após de pecha-la derradeira páxina, inda que para iso, repito, haberá que ser desa caste de xente que “lé libros de nenos” e non pretenda atopar referéncias ó “felipismo”, coma nas outras novelas deste autor (se hai que fiarse do crítico de “El Mundo”, claro).

Total
Calificación
Artigo anteriorDevoradores de Cadáveres
Seguinte artigoEl Pecio
club-dumasEscrita con axilidade e boa pruma, contendo numerosísimas referéncias bibliográficas e históricas, non só ós "libros prohibidos", senón especialmente ás obras de Alexandre Dumas.