Plum Island

1656

Nelson DeMille
Warner Books, 1997
Idioma: Inglés

John Corey, un detective de New York que está a se recuperar das feridas que lle produciron dous “hombres” [narcotraficantes hispanos] nunha illa cercana á Grande Mazá recibe de súpeto a visita do sheriff local: un matrimónio, vén de ser asasinado, e quere algo de axuda extraoficial para resolve-lo crime.

A parella, que eran amigos de John, traballaba no laboratório de Plum Island, onde a povoación local sospeita dende hai anos que o Governo está a fabricar armas bacteriolóxicas, polo que o asasinato pode tér compoñentes de especial risco. A partir deste intre, comeza unha novela na que en tan só tres días un mistério no que hai envoltos piratas, aventuras, mistério, sexo e moito humor “made in USA” será resolto polo detective protagonista.

A obra ten interese e se deixa lér (mália o evidente racismo antihispano co que está escrita) atá o intre no que chegando ó final e á escena de acción na metade dun furacán, ún decátase de que todo aquilo é unha obra só escrita coa intención de que se faga unha película dela. Se cadra o consigue.

Total
Calificación
Artigo anteriorEl Pecio
Seguinte artigoGuía da Galiza máxica
plum-islandUnha novela na que en tan só tres días un mistério no que hai envoltos piratas, aventuras, mistério, sexo e moito humor "made in USA".